POÑAMOS FIN AO COMERCIO DE ARMAS CON ISRAEL!
Por que é urxente acabar co comercio de armas con Israel?
Sabías que Israel está bombardeando intencionadamente barrios residenciais, hospitais, escolas, campos de refuxiados e ambulancias na Franxa de Gaza e que o Estado español segue vendendo a Israel armas que utiliza para reprimir e masacrar ao pobo palestino?
Dende o ano 2000, o Estado español vendeu armas a Israel por valor de 139 millóns de euros.
Sabías que o Estado español merca, cos nosos impostos, armas a Israel e que estas compras contribúen directamente á economía dun país que comete crimes de guerra e crimes de lesa humanidade? Israel emprega Palestina como campo de probas para probar armas e tecnoloxía de represión que logo vende ao resto do mundo baixo a marca “probado en combate”. Armas e tecnoloxía probadas na poboación palestina en operacións que violan de forma flagrante o dereito internacional humanitario e o dereito internacional dos dereitos humanos. Armas e tecnoloxía adquiridas por diversos exércitos de todo o mundo, incluído o exército español.
Só nas últimas semanas, o Estado español mercou a Israel lanzafoguetes Silam por valor de 576,4 millóns de euros (12 de setembro) e 1.680 mísiles Spike por valor de 285 millóns de euros (3 de outubro).
Para evitar que Israel siga masacrando ao pobo palestino, é urxente pór fin ao negocio de compra e venda de armas a Israel. Axúdanos a conseguilo!
Qué podes
facer?
Poñer fin ao comercio militar e de seguridade con Israel está nas nosas mans. Contribuír a un mundo máis xusto, pacífico e menos securitizado está nas túas mans. Asina o noso manifesto e esixe ao Goberno que poña fin ao comercio de armas con Israel. É un xesto transcendental agora que Pedro Sánchez preside o Consello da UE. Difunde os materiais e convértete nun altofalante da campaña. Comparte co teu entorno, grupo de amigos ou lugar de traballo máis próximo. Todas as voces suman. Insta ao teu Concello a aprobar unha moción. Escríbenos e dirémosche como facelo.
Últimas noticias
O Goberno mente
O Goberno español mentiu de xeito reiterado sobre a suspensión de vendas de armas a Israel. O Ministro de Exteriores, José Manuel Albares,