POÑAMOS FIN AO COMERCIO DE ARMAS CON ISRAEL!
Por que é urxente acabar co comercio de armas con Israel?
Sabías que Israel está bombardeando intencionadamente barrios residenciais, hospitais, escolas, campos de refuxiados e ambulancias na Franxa de Gaza e que o Estado español segue vendendo a Israel armas que utiliza para reprimir e masacrar ao pobo palestino?
Dende o ano 2000, o Estado español vendeu armas a Israel por valor de 139 millóns de euros.
Sabías que o Estado español merca, cos nosos impostos, armas a Israel e que estas compras contribúen directamente á economía dun país que comete crimes de guerra e crimes de lesa humanidade? Israel emprega Palestina como campo de probas para probar armas e tecnoloxía de represión que logo vende ao resto do mundo baixo a marca “probado en combate”. Armas e tecnoloxía probadas na poboación palestina en operacións que violan de forma flagrante o dereito internacional humanitario e o dereito internacional dos dereitos humanos. Armas e tecnoloxía adquiridas por diversos exércitos de todo o mundo, incluído o exército español.
Só nas últimas semanas, o Estado español mercou a Israel lanzafoguetes Silam por valor de 576,4 millóns de euros (12 de setembro) e 1.680 mísiles Spike por valor de 285 millóns de euros (3 de outubro).
Para evitar que Israel siga masacrando ao pobo palestino, é urxente pór fin ao negocio de compra e venda de armas a Israel. Axúdanos a conseguilo!
Qué podes
facer?
Poñer fin ao comercio militar e de seguridade con Israel está nas nosas mans. Contribuír a un mundo máis xusto, pacífico e menos securitizado está nas túas mans. Asina o noso manifesto e esixe ao Goberno que poña fin ao comercio de armas con Israel. É un xesto transcendental agora que Pedro Sánchez preside o Consello da UE. Difunde os materiais e convértete nun altofalante da campaña. Comparte co teu entorno, grupo de amigos ou lugar de traballo máis próximo. Todas as voces suman. Insta ao teu Concello a aprobar unha moción. Escríbenos e dirémosche como facelo.
Últimas noticias
25 barcos con material militar para Israel fixeron escala en Algeciras
25 BARCOS CON MATERIAL MILITAR PARA ISRAEL FIXERON ESCALA EN ALGECIRAS Case 13.000 toneladas métricas de material militar pasaron en 25 barcos
Máis de 260 persoas do mundo cultural envían unha carta ao presidente Sánchez pedindo o embargo de armas a Israel
Estimado señor presidente Pedro Sánchez, Diversas persoas do mundo da cultura unímonos para trasladarlle a nosa profunda preocupación pola grave situación de opresión
O Goberno mente
O Goberno español mentiu de xeito reiterado sobre a suspensión de vendas de armas a Israel. O Ministro de Exteriores, José Manuel Albares,