A campaña “Fin ao comercio de armas con Israel” nace coa ambición de ser unha campaña unitaria que reúna a moitas e diversas organizacións de todo o Estado español. Cremos que son moitas as voces que defenden que todas as persoas merecen vivir en equidade, liberdade e dignidade nas súas terras e queremos que esta sexa unha plataforma para avanzar nese obxectivo compartido.