Infórmate!

O estado español ven mantendo unha amplia relación militar con Israel que se mantén a día de hoxe e inclúe a compra de material militar e de seguridade a Israel, exportación de armas e munición, colaboración público-privada en materia militar e de seguridade, investigación conxunta, e cooperación ou permisividade no tránsito polo territorio español de armas ou material militar dende terceiros países con destino a Israel.

AS RELACIÓNS MILITARES CON ISRAEL SON UN INCUMPRIMENTO DO DEREITO INTERNACIONAL

Tratado sobre o Comercio de Armas

Ratificado por España, este tratado prohíbe a exportación de armas, municións ou compoñentes se estas poderían utilizarse para cometer xenocidio, crimes de lesa humanidade, infraccións graves dos Convenios de Xinebra de 1949 ou outros crimes de guerra, os cales, sen dúbida, Israel está cometendo en Palestina. Expertos da ONU recordaron en xuño de 2024 que a transfaerencia de armas a Israel pode convertir un estado en cómplice de crimes de guerra, contra a humanidade, ou incluso de xenocidio.

Lei 53/2007, do 28 de decembro, sobre o control do comercio exterior de material de defensa ou de dobre uso

A lexislación española é aínda máis específica ordenando a denegación e suspensión de licenzas de exportación de armas que poidan “perturbar a paz, a estabilidade ou a seguridade nun ámbito mundial ou rexional, poidan exacerbar tensións ou conflitos latentes, poidan ser utilizados de maneira contraria ao respecto debido e a dignidade inherente ao ser humano, con fins de represión interna ou en situacións de violación de dereitos humanos, teñan como destino países con evidencia de desvíos de materiais transferidos…”. Na ocupación israelí de Palestina danse dende hai décadas todas esas situacións.

Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio

Esta convención impón aos estados a obligación de prevenilo e de establecer sancións, o que parece incompatible co acordo preferente de comercio entre a UE e o estado ultra-militarizado de Israel, con toda a cooperación española en materia de defensa e coa compra de armamento israelí e a adxudicación de contratos de seguridade, que financian e fan posible o xenocidio que a Corte Internacional de Xustiza está investigando, polo que dictou medidas cautelares, e que tantos informes cualificados coinciden en recoñecer.

Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio

Por último, la Opinión Consultiva de julio de 2024 de la Corte Internacional de Justicia y la resolución de la Asamblea de la ONU en septiembre de 2023 remarcan la obligación que ya dictaron previas resoluciones de la ONU de que los estados tomen medidas que acaben con la presencia de Israel en los territorios ocupados de Palestina y no presten ayuda o asistencia en el mantenimiento de esa situación.

Estas ordes son xurídicamente vinculantes para o estado español. As súas relacións militares con Israel poden convertilo en cómplice de xenocidio. Lembremos que, o Tribunal Internacional de Xustiza investiga a Israel por xenocidio e que o Consello de Dereitos Humanos da ONU solicitou en abril de 2024 un embargo de armas a Israel.

«Sobre operacións de venda de armamentos a Israel, dende o 7 de outubro non se produce ningunha»

Ministro de exteriores José Manuel Albares, declaracións do 29 de xaneiro de 2024 na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados.

AS EXPORTACIÓNS DE ARMAS A ISRAEL NON SE DETIVERON

Aínda que non é unha parte moi importante do total de armamento que utiliza o exército Israelí, en territorio español vénse fabricando material armamentísitico que se exporta a Israel, ignorando as graves vulneracións de Dereitos Humanos que acumula Israel e as varias resolucións da ONU que obligan a non colaborar coa ocupación. Entre 2005 e 2022 exportáronse a Israel 28,67 millóns de euros en material militar, e 40,71 millóns en material de dobre uso. O ministro de exteriores José Manuel Albares afirmou en decembro de 2023 e en xaneiro de 2024 que dende o 7 de outubro non se exportaba armamento a Israel, e que España “realizara” un embargo de armas a Israel, o que foi repetido polo goberno en varias ocasións.

Con todo, como desvelou elDiario.es, en novembro de 2023, a fábrica propiedade da norueguesa Nammo situada en Palencia subministrou a Israel a maior cantidade de munición dende 2017 (dun total de 3,6 millóns de euros), por valor de case un millón de euros, exportación que o goberno non debeu aprobar no seu momento debido ás graves vulneracións de Dereitos Humanos que acumula Israel e as resolucións da ONU, e que en todo caso puido revocar á vista da actual ofensiva sobre Gaza como recolle o Regulamento de control do comercio exterior de material de defensa.

En novembro de 2023, a fábrica propiedade da norueguesa Nammo situada en Palencia subministrou a Israel a maior cantidade de munición dende 2017

Dáse a circunstancia de que Noruega ten prohibido exportar armas a Israel dende hai vinte anos, de modo que Nammo utiliza a permisividade legal española e doutros países para continuar co seu negocio.

En decembro de 2023 tamén se exportaron a Israel dende España 125.240 euros en pezas de bombas de aviación declaradas como destinadas a re-exportación a Filipinas, país ao que noutras ocasións denegáronse exportacións por violacións dos Dereitos Humanos.

España exportou armamento a Israel por valor de casi 50 millóns de euros en 18 meses (entre xaneiro de 2023 e xuño de 2024), definido polo goberno como “non letal”.

Aínda que o executivo afirma que non se aprobaron novas licenzas de exportación dende o 7 de outubro, debería revogar as existentes, e aínda en xaneiro de 2025 o portal DataComex mostra 22.730 euros en exportacións de armas a Israel que, aínda sendo unha cifra pequena, proban que non existe un verdadeiro embargo.

A COMPRA DE ARMAS A ISRAEL FINANZA A OCUPACIÓN, O APARTHEID E OS ATAQUES SOBRE A POBLACIÓN PALESTINA

O abundante armamento e material de seguridade que España compra a Israel foi desenvolto coa experiencia dos seus ataques militares en Palestina e a represión da poboación civil durante décadas, e así o resaltan os fabricantes ao anuncialos como “probados en combate”.

A industria militar e de seguridade de Israel, pública e privada, é unha das principais do mundo e exporta unha elevada porcentaxe do que produce, entre outros ao estado español. Ademais, como señala o Centre Delàs. “boa parte do material de defensa de patente israelí fabrícase en España, por parte de filiais de empresas israelís ou de empresas que os producen a través dun acordo de transferencia de tecnoloxía das empresas israelís”. (Despois do 7 de outubro) España seguiu adxudicando contratos a empresas militares israelís, ás súas filiais en España ou a outras empresas españolas que fabrican produtos israelís con acordo de transferencia de tecnoloxía.”

Nos últimos 15 anos España importou de Israel preto de 200 millóns de euros en “Armas, municións e accesorios” (casi 7 millóns entre decembro de 2023 e agosto de 2024).

Gran apoio á industria armamentística israelí, intimamente unida á ocupación de Palestina e á represión contra a súa poboación, que xa pode cualificarse de exterminio.

Ademais, cabe sinalar que estas importacións son só unha parte do total de compras de armamento israelí por parte de España, como podemos ver nalgúns exemplos de abaixo.

Millóns de euros

É o que España importou de Israel en “Armas, municións e accesorios” entre decembro de 2023 e agosto de 2024. Só en xaneiro de 2025 Defensa comprou a Israel bombas, granadas e proxectís por 2.150.000 euros.

Millóns de balas

Mercáronse por 6 millóns de euros á empresa israelí Guardian Homeland Security en outubro de 2024.

OUTROS CASOS QUE DEBERÍAN CONTAR

Mísiles Spike

Só o programa de mísiles Spike supón un negocio de varios centenares de millóns de euros, dos que só unha parte é contabilizada como “importacións”. En 2002 asinouse un acordo entre a española Santa Bárbara Sistemas (parte do conglomerado estadounidense General Dynamics) e a empresa israelí Rafael (que conta cunha filial en España: Pap Tecnos) para a subministración ás Forzas Armadas españolas de 260 postos de tiro e 2.550 mísiles contracarro de medio alcance (4km), cun custo de 364 millóns para o Ministerio de Defensa español. Aínda que os mísiles son un desenvolvemento de Rafael, fabricáronse e integráronse en España por Santa Bárabra, mediante un contrato de transferencia de tecnoloxía. En 2018, o Consello de Ministros autorizou unha nova partida a este convenio de colaboración para o desenvolvemento tecnolóxico e industrial do programa dos mísiles Spike e, recentemente no Consello de Ministros do 12 de setembro de 2023 aprobouse a compra de máis mísiles Spike que desenvolverá Pap Tecnos, valorados en 285 millóns de euros.

Lanzacohetes SILAM

Outro exemplo significativo de relacións comerciais e acceso a contratos públicos españois é a aprobación por 576,4 millóns de euros a pagar en cinco anos de compra de lanzacohetes de alta mobilidade SILAM, desenvolto conxuntamente polas empresas españolas Expal, GMV e Escribano e a israelí Elbit Systems.

Drons, torretas e moito máis
Outros exemplos de importacións ou relacións entre empresas miiltares españolas e israelís inclúen drons de IAI e Elbit Systems, torretas de vehículo terrestre de Rafael, sistemas de mortero de Elbit Systems ou munición de carros de combate de Israel Military Industries Ltd. (IMI Systems), entre moitas outras.

QUEREMOS ALGO MÁIS QUE XESTOS:
UN EMBARGO TOTAL

O goberno español comezou a cortar algunhas relacións militares con Israel, empuxado pola presión popular e a publicación de datos. O 29 de outubro de 2024, horas despois de que se publicase a compra por 6 millóns de euros de 15 millóns de balas á empresa israelí Guardian Homeland Security, polo Ministerio de Interior, este anunciou que comezaba a rescisión do contrato para manter o seu “compromiso de non vender ou comprar armamento ao Estado israelí dende que estalou o conflito armado no territorio de Gaza”. Este anuncio de rescisión e o citado compromiso son unha gran noticia, pero ademais de parecer forzados pola revelación previa, son demasiados os datos que os contradín, considerando ademais todo o que non se chega a saber pola opacidade da información. Precisamos unha declaración oficial do embargo que faga imposible ningunha destas operacións e que deteña de forma automática as que aínda estean en marcha.

Ademais do armamento, o estado español e outras administracións autonómicas estanse a facer dependentes da tecnoloxía israelí de seguridade, como recoñeceron dende o goberno, poñendo a nosa seguridade e os nosos datos en mans dun país que incumple sistemáticamente as resolucións da ONU e non recoñece o Dereito Internacional.

FILIAIS DE EMPRESAS MILITARES ISRAELÍS NO ESTADO ESPAÑOL

Tamén é sintomático da estreita cooperación militar entre España e Israel a existencia de filiais en España de empresas israelís, cuxas vendas tampouco se contabilizan normalmente como importacións de material militar. Entre estas filiais podemos destacar as seguintes:

PAP TECNOS
É a filial da empresa israelí Rafael, e unha importante provedora dos exércitos españois. PAP Tecnos subcontrata, á súa vez, a outras empresas españolas con fortes vínculos coa industria de Defensa israelí: Tecnobit e Expal.
AERONAUTICS ENTERPRISE ESPAÑA (AEE)
É a filial española de holding israelí Aeronautics Defense Systems, que fabrica, entre outros produtos, vehículos non tripulados para usos militares.
MAGAL ESPAÑA

É a filial española da multinacional Magal, fundada en 1967 como unha división da israelí IAI. Magal é unha firma líder en vixilancia intelixente perimetral, control de accesos e ciberseguridade, entre outros. A empresa matriz, Magal Security Systems Ltd, prové de seguridade ao muro do apartheid e dota de sistemas de seguridade aos asentamentos ilegais en territorio ocupado palestino. Nos últimos anos Magal aumentou significativamente a cifra de negocios en España.

GUARDIAN SPAIN HOMELAND SECURITY
É a filial española da israelí Guardian Holdings LTD, e opera como representante en España dos principais fabricantes israelís de material policial e militar. Distintos corpos policiais en España adquiriron produtos militares e/ou policiais israelís a través de Guardian, e tamén que, entre os clientes de Guardian, figuraron, segundo a propia empresa Guardia, o Ministerio de Defensa, o Ministerio de Interior, a Casa Real, a Axencia Tributaria, a Garda Civil, os Mossos d’Esquadra,a Ertzaintza, a Policía Nacional ou a Política Foral, entre outros.
EMPRESAS DE SOFTWARE ESPÍA

Ademais, sabemos que España utiliza servizos de espionaxe e interceptación de comunicacións que proporcionan empresas de Israel. Entre os compradores, destacan o Ministerio de Defensa, o CNI, o Corpo Nacional de Policía, a Garda Civil e distintas policías autonómicas.

Entre os produtos ofertados, destacan o programa de espionaxe Pegasus de NSO Group Technologies, Cellebrite ou os servizos e aplicacións de Verint Systems.

NON QUEREMOS QUE O ARMAMENTO CON DESTINO A ISRAEL TRANSITE POR TERRITORIO ESPAÑOL

Precisamos un protocolo de inspección sistemática a todos os barcos que paren en portos españois e se dirixan a Israel, dada a alta probabilidade de que transporten armamento.

Despois de que o Centre Delàs expuxese serias dúbidas de que esta suspensión fose real, soubemos que nos últimos meses pararon no porto de Alxeciras arcos da naviera Maersk con máis de 1.000 envíos, 13.000 toneladas de armamento destinado a Israel. Outro roteiro habitual da navieira ZIM fai escala en Valencia e Barcelona transportando material militar a Israel dende EEUU.

Se é necesario iremos denunciando barco a barco, pero necesitamos un protocolo de inspección sistemática a todos os barcos que paren en portos españois e se dirixan a Israel, dada a alta probabilidade, que se está demostrando, de que transporten armamento ou material de dobre uso que será usado para cometer xenocidio.

Tamén hai evidencias do tránsito por portos españois de combustible militar jp-8 (específico para os avións F-16) a través dun roteiro EEUU-Israel que se repite mensualmente.

 

 

mil toneladas

Nos últimos meses pararon no porto de Alxeciras barcos con máis de 13.000 toneladas de armamento destinado a Israel.
Traballamos no seguimento e investigación sobre a compra, venda e tránsito das armas relacionadas con Israel e o estado Español.

OUTRAS COLABORACIÓNS CON ISRAEL QUE DENUNCIAR

FEIRAS de armas

Nos nosos territorios celébranse feiras de armas con participación de administracións públicas como o Aerospace & Defense Meeting, ou a Aviation Week, nas que participan empresas israelís que se están lucrando co xenocidio contra o pobo palestino e veñen vender a súa tecnoloxía probada sobre poboación civil. Celebramos o gran paso do Ministerio de Defensa que excluirá a empresas e institucións israelís na feira FEINDEF 2025; é unha gran noticia, pero esta exclusión discrecional faríase extensiva e automática en calquera outra feira se houbese un embargo completo de armas.

FINANCIAMENTO CON DIÑEIRO PÚBLICO
Como sinala o Centrar Delàs, “Israel goza dun trato privilexiado respecto ao financiamento, por parte da UE, de proxectos de I + D. […] No período 2008–2027 Israel recibiría un total de 69,39 millóns de euros correspondentes a proxectos de investigación presentados nos programas europeos FP7 Security (31,98 M€), Horizon 2020 (34,18 M€) e o actual Horizon Europe (3,23 M€). Cantidade moito maior que algúns membros da UE cunha poboación similar, como por exemplo Hungría (un total de 43,1 M€).

[…] Neste ámbito o Goberno español non ten capacidade decisoria pero si pode incluír o tema na axenda da UE.”

COMPLICIDADE DA BANCA

O informe recentemente publicado polo Centrar Delàs «A Banca Armada e a súa corresponsabilidade no xenocidio en Gaza» analiza como bancos e empresas de armas lúcranse da ofensiva israelí. Documéntanse conexións entre as exportacións de armas a Israel, as empresas que as fabrican e os bancos que as financian, sinalando a súa responsabilidade nos crimes de guerra cometidos contra a poboación palestina. Identifícanse 12 bancos españois, como Santander e BBVA, que financiaron a empresas que venden armas a Israel, contribuíndo con máis de 2.442 e 1.500 millóns de dólares, respectivamente. Estes bancos españois non poderían investir en empresas armamentísticas israelís se houbese un embargo de armas.

COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADA NA INVESTIGACIÓN MILITAR

Universidades e institucións españolas e o propio exército español colaboran coa industria armamentística israelí en diversos acordos de investigación con aplicacións militases, adestramento en tecnoloxía ou adestramento. En casos como o da Universidade de Córdoba colabórase con diñeiro e medios públicos coa ocupación e o xenocidio en Palestina. Esta complicidade non sería posible cun embargo completo a Israel.