Carta ao goberno

POÑÁMOSLLE FIN AO COMERCIO DE ARMAS CON ISRAEL!

Estimado señor presidente Pedro Sánchez,
Diversas persoas do mundo da cultura unímonos para trasladarlle a nosa profunda preocupación pola grave situación de opresión e violencia que padece o pobo palestino baixo o xenocidio e o réxime de apartheid e ocupación israelí. Como persoas comprometidas cos valores de xustiza, paz e dereitos humanos, sentimos a responsabilidade de alzar as nosas voces contra as inxustizas que perpetúan o sufrimento da poboación palestina.
Ler carta completa

Pedímoslle que tome medidas urxentes para impoñer un embargo integral de armas a Israel. Os embargos de armas son unha poderosa medida para axudar ao mantemento da paz e demostraron ser efectivos noutros moitos contextos, e foron unha ferramenta fundamental para acabar co apartheid surafricano. Sabemos que está nas súas mans. Non só é un imperativo moral, senón tamén unha obrigación baixo o dereito internacional.

Levamos demasiados meses vendo con horror as masacres que leva a cabo Israel cada día. A provisión de armamento e munición dende España, o tránsito de armas e combustible militar polo noso territorio e a compra de material militar contribúen a perpetuar a ocupación e a financiar un xenocidio sobre o pobo palestino, e incrementan a pérdida de vidas e sufrimento de civiles.

A nivel internacional, España destacou como un país que se posicionou a favor da paz e do pobo palestino. Pero isto non basta. Mentres España manteña relacións militares con Israel, seguirá sendo cómplice desta masacre. A poboación do Estado español leva meses saíndo á rúa e esixindo medidas ao seu Goberno. Debe escoitar ao pobo que non quere ser cómplice desta barbarie.

Un goberno como o que vostede preside, que se define como progresista e que busca abanderar a defensa dos dereitos humanos e o dereito internacional a nivel global, debe facer aínda moito máis polos dereitos do pobo palestino e do pobo libanés sumando a súa voz á de outras nacións que xa detiveron o comercio de armas con Israel e mostrarse así como un faro de luz entre tanta escuridade.

O pobo palestino soportou décadas de ocupación, desplazamento e violacións sistemáticas dos seus dereitos fundamentais. É responsabilidade da comunidade internacional, incluida España, non ser cómplices, directa ou indirectamente, deste réxime de opresión. O embargo de armas é unha acción concreta e urxente para poñer fin á violencia desmedida e contribuír a unha solución xusta. O EMBARGO DE ARMAS É UNHA ACCIÓN CONCRETA E URXENTE PARA POÑER FIN Á VIOLENCIA DESMEDIDA E CONTRIBUÍR A UNHA SOLUCIÓN XUSTA

Confiamos en que adopte unha postura valente e coherente, e que apoie os esforzos internacionais que procuran unha paz duradeira baseada na xustiza e no respecto aos dereitos humanos. A historia xulgaranos polas nosas accións en momentos críticos como este. Non podemos seguir permitindo que Israel leve consigo máis vidas palestinas. Poñamos fin a este horror.

O EMBARGO DE ARMAS É UNHA ACCIÓN CONCRETA E URXENTE PARA POÑER FIN Á VIOLENCIA DESMEDIDA E CONTRIBUÍR A UNHA SOLUCIÓN XUSTA
Esperamos a súa pronta e firme resposta a esta petición, que reflexa o desexo de construír un futuro onde os dereitos e a dignidade dos pobos sexan respectados.

Asinan esta carta…

Loading